Tipo: Fanzine
Aparición: 2014
Desaparición: 2014
Editor: Sindicato del cómic
Ciudad: Orense
Números: 1
Tamaño #1:
Páginas #1: 52
Género:
Clase: de historietas
Depósito legal:
ISBN:
IDIOMA: Castellano
Autores: Manuel Cráneo, Daniel Xove
Texto promocional: Irreverente, divertido, arriscado, innovador, transgresor, fluído, variado… son só algúns dos moitos apelativos que podería atribuírlle a este traballo de Dani Xove. Un feixe de historias curtas onde este cambia de pau constantemente no seu rexistro gráfico, experimentando novas formas e tratamentos estéticos e diferentes modalidades de planificación nas pranchas. Un exercizo que amosa a versatilidade do que eu consideraría unha das promesas presentes do actual panorama da banda deseñada galega.
Efectiviwonder é un álbum que soa coma unha especie de ramalazo punk en galego, directo e sen complexos, no que atoparedes rinocerontes voadores, xente con cara de cú, retretes malditos, guións lisérxicos, soños imposibles e unha morea de soños máis, dignos dunha mente retorcida e inconformista dotada dun bo sentido crítico e grandes doses de imaxinación.
Tes nas túas mans unha pilula de droga en estado puro. Ten coidado: poderías engancharte en branco e negro ou flipar a cores. Volverás ao teu libreiro cando remates e halo saudar coma se fose o teu camello pedíndolle outra dose de Dani Xove.
