Tipo: Fanzine
Aparición: 2004
Desaparición: 2004
Editor:
Ciudad:
Números: 3
Tamaño #1: 21×29,7
Páginas #1: 36
Género:
Clase: de historietas
Depósito legal:
ISBN:
IDIOMA: Castellano
Fanzine cuxo nº1 saiu en abril de 2004 contendo as historietas «Cumpleaños mortal» (Rubén García Ramallo) e «Fantasmas del pasado» (I, II e III, do mesmo autor), trátase de material de humor con influencias de Peter Bagge. Tamén incluía «El origen del Pigmeo», de Xavier Telesforo Abal. Na penúltima páxina editábase «Robert Crumb lo cuenta todo», historieta de Anxo Cuba xa previamente publicada. No nº1 deste fanzine colaboraron con artigos Iván López Gimeno, X. Abal, R. García. O nº2 saiu en febreiro de 2007 cos cómics «La Patrulla Caspa contra la tuna» e «Experiencia Mística» de R. García, «Nora» de Xurxo Constenla e «La broma» de X. Telesforo. Tamén levaba textos deste último e de Iván López. O terceiro número saiu en setembro de 2011 cunha tiraxe de 300 exemplares.
Cultura galega

